Traductor

luns, 2 de febreiro de 2015

Inauguramos o noso Blog

Con toda a nosa ilusión inauguramos o blog da nosa peña de mulleres, frikis, deportivistas, tolas e amigas: "As Buah Nenas". Aínda temos o Blog en construción e queda moito por retocar, reformar e encher, pero paso a paso e con toda a nosa paixón, iremos compartindo co mundo as nosas opinións e experiencias. (Algunhas serán presuntas, que coas novas leis do actúal goberno. péchannos o Blog antes de abrilo)

Instalaremos un tradutor de galego, para que a páxina estea dispoñible no noso idioma e poidamos escribir como nos saia do potorro. E con calma e boa letra esperamos compartir algo do noso espírito deportivista con todas e con todos vos.

Este Venres xogamos en Riazor un dos partidos de "a nosa liga" contra o Eibar, partido importante, non só polos puntos se non para volver sentir a Riazor cantando e animando como nunca. Porque aínda que somos das que pensamos "Víctor Fernández lisca a tua meretriz casa" ou "Lopo cada vez que tocas un balón é como xogar con dez" imos a seguir saltando e deixando o alento no campo, na casa, en Twitter, en whatsapp ou onde sexa sempre que xogue o noso equipo. Porque por enriba da nosa opinión están as nosas cores, e agora máis que nunca, a pesar de todas as dificultades, imos saír a ser o xogador ou a xogadora número doce, porque nós somos o Depor.

Como dixo Bebeto no seu Facebook, en relación ao partido contra o Raio:

Gañamos o partido de onte, porque a forza de vontade venceu o medo da derrota. Cando enfrontamos con ganas os desafíos, loitamos contra os nosos propios límites. Ese é verdadeiro corazón dun Deportivista, nunca se rende malia as dificultades. Manteremos a fe para o 6 de febreiro.

Así que as Buah Nenas non se renden. Imos a polo Eibar!




3 comentarios: