Traductor

domingo, 15 de febreiro de 2015

Manuel Pablo o último sobrevivente do Superdepor

"Xogarán Manuel Pablo e dez máis" dixo Victor Fernández pouco antes de embarcar hacia Madrid. 
Por primeira vez nesta tempada xogou como titular, foi no partido R.Madrid-Deportivo, e farao tamén por derradeira vez no Santiago Bernabéu. 

Manuel Pablo o Manupa como o chaman os deportivistas ten decidido colgar as botas o finalizar o campeonato, ainda que seguirá vinculado o club dende os despachos...
Esta é  a sua decimoséptima tempada na Coruña, historia viva e santo e sinal do Deportivo, exemplar como persoa e futbolista.


Con 39 anos e unha dilatada carreira tivo o seu momento cumio nos 90, cando foi participe dos grandes éxitos do "superdepor" co que gañou unha Liga, unha copa e duas supercopas.  
O Madrid foi a por él,  pagaban 24 millóns de euros, pero Lendoiro considerábao insuficiente, queria 30 m , " dixome que eu era unha peza indispensable, así que despois de esa reunión, centreime en adestrar e quedeime no depor".
Nunca fixo un reproche público ante a pérdida do contrato da sua vida, ainda que Lendoiro co paso do tempo si lle pediu perdón por privalo de formar parte do R.Madrid.

"O Deportivo deumo todo, crecín como xogador aquí "...

No 2001 sufriu a peor lesión da sua carreira, foi nun partido contra o Celta, Manupa recibiu o impacto de Giovanella...resultado: unha rotura de tibia e peroné na sua perna dereita co apartou dos campos de fútbol durante 6 meses....


                  
                                    
Hoxe xogou de central, faltalle a velocidade de antaño, pero adestrase como o que máis, ten ganas, experiencia e bon estado de forma. O seu amor o  fútbol faille manter a ilusión do día a día..







4 comentarios: