Somos as Buah Nenas

Benvidos/as a o noso blog!!

Sempre co depor

En Riazor, no Twitter, no Facebook, sempre co depor!

Corazón branquiazul

O depor é o noso amor

Sempre contigo

En primeira, en segunda ou en rexional. Sempre DEPOR

Somos mulleres

A nosa bandeira a do Depor, o noso corazón feminino, os nosos Twitter.. cotilleade!

Traductor

xoves, 19 de febreiro de 2015

Volve #ONosoDerbi



   

Toda Galicia estará pendente do que aconteza o sábado a partir das 22.00h, onde o Depor e o Celta disputarán un novo derbi que será o número 32 na Primeira División. 
Riazor será un fortín onde a aficción volverá a ser, sin lugar a dúbidas o xogador número 12 do Depor. 
Un partido, no que hai en xogo,  algo mais cos tres puntos,  un partido onde a rivalidade e máxima, un partido presentado como "espectáculo".. Nun  escenario con nome propio.. RIAZOR.

E como reza o dito: " Os derbis  non se xogan... Gañanse..."



"El día después, las dos caras del derbi" Canal+.... Deportivo 3- Celta 1
O dato: Cabezazo de Aspas a Marchena.. Expulsión
Definición de ese partido: Orgásmico 


VAMOOOOSS... FORZA DEPOR!!!!.. 

luns, 16 de febreiro de 2015

RIAZOR





































domingo, 15 de febreiro de 2015

Manuel Pablo o último sobrevivente do Superdepor

"Xogarán Manuel Pablo e dez máis" dixo Victor Fernández pouco antes de embarcar hacia Madrid. 
Por primeira vez nesta tempada xogou como titular, foi no partido R.Madrid-Deportivo, e farao tamén por derradeira vez no Santiago Bernabéu. 

Manuel Pablo o Manupa como o chaman os deportivistas ten decidido colgar as botas o finalizar o campeonato, ainda que seguirá vinculado o club dende os despachos...
Esta é  a sua decimoséptima tempada na Coruña, historia viva e santo e sinal do Deportivo, exemplar como persoa e futbolista.


Con 39 anos e unha dilatada carreira tivo o seu momento cumio nos 90, cando foi participe dos grandes éxitos do "superdepor" co que gañou unha Liga, unha copa e duas supercopas.  
O Madrid foi a por él,  pagaban 24 millóns de euros, pero Lendoiro considerábao insuficiente, queria 30 m , " dixome que eu era unha peza indispensable, así que despois de esa reunión, centreime en adestrar e quedeime no depor".
Nunca fixo un reproche público ante a pérdida do contrato da sua vida, ainda que Lendoiro co paso do tempo si lle pediu perdón por privalo de formar parte do R.Madrid.

"O Deportivo deumo todo, crecín como xogador aquí "...

No 2001 sufriu a peor lesión da sua carreira, foi nun partido contra o Celta, Manupa recibiu o impacto de Giovanella...resultado: unha rotura de tibia e peroné na sua perna dereita co apartou dos campos de fútbol durante 6 meses....


                  
                                    
Hoxe xogou de central, faltalle a velocidade de antaño, pero adestrase como o que máis, ten ganas, experiencia e bon estado de forma. O seu amor o  fútbol faille manter a ilusión do día a día..







sábado, 14 de febreiro de 2015

San Valentín

Disque hoxe é o día do amor....
Ea!!! Pois que mellor que agasallar Depor... Pasemos do roxo  o branquiazul...


Seeeeeeeeeeeee.... Para esta noite, e as 364 restantes.... Sempre Forza Depor...

luns, 2 de febreiro de 2015

Inauguramos o noso Blog

Con toda a nosa ilusión inauguramos o blog da nosa peña de mulleres, frikis, deportivistas, tolas e amigas: "As Buah Nenas". Aínda temos o Blog en construción e queda moito por retocar, reformar e encher, pero paso a paso e con toda a nosa paixón, iremos compartindo co mundo as nosas opinións e experiencias. (Algunhas serán presuntas, que coas novas leis do actúal goberno. péchannos o Blog antes de abrilo)

Instalaremos un tradutor de galego, para que a páxina estea dispoñible no noso idioma e poidamos escribir como nos saia do potorro. E con calma e boa letra esperamos compartir algo do noso espírito deportivista con todas e con todos vos.

Este Venres xogamos en Riazor un dos partidos de "a nosa liga" contra o Eibar, partido importante, non só polos puntos se non para volver sentir a Riazor cantando e animando como nunca. Porque aínda que somos das que pensamos "Víctor Fernández lisca a tua meretriz casa" ou "Lopo cada vez que tocas un balón é como xogar con dez" imos a seguir saltando e deixando o alento no campo, na casa, en Twitter, en whatsapp ou onde sexa sempre que xogue o noso equipo. Porque por enriba da nosa opinión están as nosas cores, e agora máis que nunca, a pesar de todas as dificultades, imos saír a ser o xogador ou a xogadora número doce, porque nós somos o Depor.

Como dixo Bebeto no seu Facebook, en relación ao partido contra o Raio:

Gañamos o partido de onte, porque a forza de vontade venceu o medo da derrota. Cando enfrontamos con ganas os desafíos, loitamos contra os nosos propios límites. Ese é verdadeiro corazón dun Deportivista, nunca se rende malia as dificultades. Manteremos a fe para o 6 de febreiro.

Así que as Buah Nenas non se renden. Imos a polo Eibar!