Traductor

Historia

Todo comezou nunha multinacional dun nome que non queremos lembrar. 

Na cidade onde reina o equipo do noso corazón: O Real Club Deportivo da Coruña. Si, ese grande equipo que ten nas súas vitrinas:
* 1 Liga 1999/00
* 2 Copas do Rei 1995, 2002
* 3 Supercopas  1995, 2000, 2002
* Subcampeonato de Liga: 5 1949/50, 1993/94, 1994/95, 2000/01, 2001/02
Semifinalista da UEFA Champions League (2003- 2004) 
Cuarto finalista UEFA Champions League (2000- 2001 e 2001- 2002)
Campeón da Intertoto 2008...


Cinco rapazas, coas súas respectivas contas de Twitter:@CheloDepor, @monicafilosofia, @miss_pau_nag, 
@mapimariana    e @LadyCuchi.
Comentando e sufrindo co equipo nos seus respectivos TL xuntáronse con outra gran deportivista:@to_selque, unha asturiana sufrindo no feudo do Sporting.

Algo de ruído deberon de facer na rede social antes mencionada, porque estás mozas empezaron a crecer unindo ao seu circulo a @Buah_Neno, o socio de honra e a día de hoxe o único home de este divertido grupo. 


De Twitter pasaron a Whatsapp, onde ademais de comentar os partidos e preparar accións para estes, como por exemplo conseguir un desfribilador, xeraron intensos debates. Un dos mais coñecidos fué "Pensar en Iago Aspas abrirá as portas do inferno ou simplemente provoca horribles pesadelos que che deixan sen libido?".

O nome do grupo tamén ten unha longo recorrido. Nos seus inicios eran coñecidas como "As Marchenabers"... Posteriormente convertéronse en Buah Nenas con algunhas modificacións para finalmente quedarse coa actual nomenclatura

Nestes momentos decidiron crear o seu primeiro blog, onde pretenden compartir as súas vivencias, fotos, comentarios, animar ao equipo, e moito máis... Falta moito traballo por facer, pero xa están aquí, xa chegaron, elas son as Buah Nenas!





0 comentarios:

Publicar un comentario