"É un soño feito realidade, non hai mellor oportunidade nin algo que tivese desexado máis que adestrar ao Deportivo"..
Dixo hoxe Victor Sánchez del Amo, mentres era presentado como novo adestrador do Deportivo da Coruña.
Madrileño de 39 anos, é de sobras coñecido pola afición, xa que no 1999/2000 ficha polo Depor onde está 7 tempadas e co que se proclamou campeón de Liga, da Copa do Rei, títulos os q engadiría duas Supercopas...
Na sua presentación, Victor destacou o ambiente que a afección lle imprime a Riazor... "Estou a desexar volver a Riazor para sentir esa afección. Eu vivino como xogador e todo o que conseguimos foi grazas a iso".
Ademais, destacou o que supón debutar como técnico no Deportivo.
"Cando un decide ser adestrador soña con onde vai ser o seu debut. O meu debut como segundo adestrador foi en Xetafe, a cidade onde dei as primeiras patadas a un balón.
O meu primeiro fillo naceu aquí e presume de coruñés por alá onde nos move o mundo do fútbol. O mércores o meu debut como adestrador en Primeira División vai ser co Deportivo e iso é un soño".
Outro dos piares do novo proxecto será Manuel Pablo, quen gozou con Víctor dunha banda destra que deu moitas alegrías na Coruña. "Fomos compañeiros de equipo e de banda durante sete anos e unha das maiores alegrías de hoxe foi volver encontrarme xente que levaba sen ver moito tempo. Manuel Pablo terá un valor incalculable no equipo, como todos estes anos,".
Dende as Buah Nenas dexexasmolle moita sorte...e benvido...
A sua sorte será a nosa...